Hoxe comeza a 14ª Edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego. En total dezaseis filmes de dez nacionalidades diferentes participan na sección oficial dunha mostra na que tamén poderemos desfrutar de cinema doméstico. E para coñecer todos os detalles, nesta Edición do Diario Cultural falamos coas directora da MICE, Ana Estévez.
Tamén achegámonos á presentación da reedición do libro “De tempo e dos astros”, de Antón Fraguas, que edita Galaxia no marco da celebración do Día das Letras Galegas e, por último, falamos do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay.