A Editorial Galaxia publica ‘A pluma insubmisa. Ensaios inéditos de Manuel García Barros’, un traballo de recompilación realizado por Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono. Tamén falamos do Festival Internacional de poesía Keruac, en Vigo, co seu coordinador, Marcos de la Fuente.
O director de cine Xavier Bermúdez presentou o comezo da rodaxe da súa seguinte película. Un proxecto enlazado co filme ‘León e Olvido’, que protagonizara Marta Larralde e Guillén Jiménez. Agora volven ser protagonistas xunto a actores galegos coma Monti Castiñeiras.
Rematamos con música do mestre do blues británico, John Mayall, que actúa este 2 de outubro no Teatro Colón da Coruña.