Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O escritor e xornalista Anxo Quintela, que exerce a súa profesión na CRTVG, acaba de ser galardoado polo Ministerio de Cultura e Deporte co Premio Nacional de Periodismo Cultural 2019, dotado con 20.000 euros.

O xurado motivou a súa elección “pola súa traxectoria en múltiples campos do xornalismo cultural en lingua galega: na Radio Galega, con ‘Diario Cultural’, e na TVG, con ‘O agro’. Pola súa continuada implicación no coñecemento e difusión da cultura rural, ás veces dasatendida, contribuíndo á súa lexitimación como parte da cultura nun sentido amplo”.

Anxo Quintela naceu en Vigo en 1960. Amais da súa traxectoria no xornalismo, tamén é poeta, tradutor e actor e realizou distintos proxectos culturais de difusión de poesía, música e lingua galega.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share