Nesta edición do Diario cultural celebramos os premios que concede a Asociación Española de Críticos Literarios na súa sección de lingua galega en 2018, e facémolo cos premiados, os autores galegos Pilar Pallarés e Antón Lopo. A obra Tempo fósil, de Pilar Pallarés, foi a galardoada no apartado de poesía; e Extraordinario, de Antón Lopo, no de narrativa.
Ademais, hoxe tamén coñecemos o ciclo Dramaturxias itinerantes, que comeza hoxe en Compostela e que no día de mañá se desenvolverá en Vigo. Trátase dunha iniciativa do Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, para favorecer encotros entre unha dramaturga galega e unha dramaturga portuguesa.