Nesta edición do Diario Cultural falamos de festivais. Primeiro do Festival Internacional de cinema Play-Doc que se celebra desde hoxe 3 e ao 7 de abril en Tui, e facémolo cunha das súas directoras, Sara García. Pero tamén hoxe comeza, en Carballo, o Carballo Interplay, un festival de contidos dixitais que se vai a celebrar ata o 6 de abril. Sonia Méndez é unha das directoras do festival e achéganos todos os detalles.
E para rematar ímos ata Ourense porque hoxe tivo lugar, no marco da celebración da ICC Week, a entrega de premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual.