Hoxe temos a presentación de Ferrol 1972, unha peza do compositor Juan Durán cunha historia moi concreta, a daqueles feitos do 10 de marzo do 72, a manifestación obreira en Ferrol na que a policía franquista mataba a dous obreiros de Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla. Neste 2022 conmemóranse 50 anos dese suceso, e comezamos a recordalo cun concerto en Ferrol, coa estrea desta peza de Durán.
E despois da música ao teatro con Roberto Pascual, pero cunha obra moi musical, a ‘Smoke on the water’ de Ibuprofeno Teatro.