Hoxe mergullámonos na historia medieval de Galicia, nun dos castelos máis importantes do Reino, o da Rocha Forte. Non é moi coñecido, porque os irmandiños e os seguintes espolios non deixaron pedra sobre pedra, pero ten moita historia. Pódese visitar, grazas aos traballos arqueolóxicos para a súa recuperación. E volve estar de actualidade, porque un novo libro recolle todas as investigacións. ‘Rocha Forte. A memoria recuperada dun castelo medieval’, escrito por Matilde González. Con ela falamos.
E despois teremos por aquí a Alba Cid e os seus comentarios sobre o máis novo da poesía. Hoxe, con Luisa Villalta e o seu traballo ensaístico, que recupera a editorial Galaxia.