Sarabela Teatro estrea ‘A lingua das bolboretas’ de Manolo Rivas no Auditorio de Ourense. O espectáculo está dirixido por Gonzalo Guerreiro que fixo a dramaturxia do relato xunto a outro do propio Rivas: A traxectoria do Balón. Ademais conta con referencias de Rivas con textos e cancións de Fernando Dacosta
E o noso colaborador Roberto Pascual fálanos das fillas bravas, fillas do vento, da liberdade, do que esconden os tópicos, do que nos ensina quen se move entre as silveiras da ignorancia e a soberbia de todos os tempos con beleza natural e afiadísimo humor.