Pezas artísticas para recordar os incendios

Diario Cultural recorda hoxe a traxedia dos incendios de outubro de 2017. A arte ten a capacidade de reaccionar ante as traxedias. Así nace a escultura ‘O Chamizo’ do artista Juan Coruxo e o proxecto ‘Arte no queimado’, no que participan numerosos artistas galegos e portugueses co obxectivo de sensibilizar contra o lume.

Durante o Diario Cultural tamén houbo espazo para falar co dramaturgo Manuel Lourenzo sobre a súa vida, profesión e gran paixón. A curiosidade propia desta profesión levouno a querer vivir en primeira persoa todos os oficios do mundo do cine, do teatro e do audiovisual, contou o actor ante os micrófonos da Radio Galega. Manuel Lourenzo é autor de máis de 200 pezas teatrais, ademais de explorar formas e xéneros anovadores.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share