A arte ten a capacidade de reaccionar ante as traxedias. Así nace a escultura ‘O Chamizo’ do artista Juan Coruxo e o proxecto ‘Arte no queimado’, no que participan numerosos artistas galegos e portugueses co obxectivo de sensibilizar contra o lume.
Durante o Diario Cultural tamén houbo espazo para falar co dramaturgo Manuel Lourenzo sobre a súa vida, profesión e gran paixón. A curiosidade propia desta profesión levouno a querer vivir en primeira persoa todos os oficios do mundo do cine, do teatro e do audiovisual, contou o actor ante os micrófonos da Radio Galega. Manuel Lourenzo é autor de máis de 200 pezas teatrais, ademais dun gran explorador de novas formas e xéneros anovadores.
Para finalizar este espazo cultural, Emilio Españadero repasa as últimas novidades en música tradicional. Unha xuntanza de gaiteiros con moita historia homenaxeará a Xabier Díaz e o grupo Leirabuxo presenta o seu segundo traballo discográfico.