A colaboradora do Diario Cultural, Alba Cid, galardoada con Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández polo seu libro Atlas.
O xurado destacou do seu poemario que constitue “unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas de realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo”.
Pillamos a Alba na estación de autobuses: “Este premio é unha sorpresa. Celebro ademais que veña nunha semana na que coñecemos tamén o premio Nacional de Olga Novo”.