A mostra fotográfica ‘Turismo e Fotografía. Català Roca en Galicia’ abre as súas portas na Sala Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso de A Coruña ata o mes de xaneiro. Trátase dunha obra que combina a fotografía artística coa documental mesturando o expresionismo vangardista e experimental co documental. A exposición conta con 110 imaxes que representa a veciñanza, o traballo, a festa e o turismo.
Nesta edición de Diario Cultural tamén falamos da nova revista ‘Díxome, díxome’ do audiovisual galego. Esta publicación nace co obxectivo de informar sobre as últimas novidades neste eido e converterse nun punto de referencia para o sector e para toda a poboación.