Na súa actual exposición no CGAC, baixo o título de Crebas, un termo propio do léxico da Costa da Morte que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na terra a consecuencia de diversas circunstancias. Mostra unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019, que sintetizan a esencia da obra de Torres. Presenta uha serie de obras inéditas directamente relacionadas con Galicia, que enlazan coas súas primeiras pezas conceptuais dos anos setenta, articuladas en perfecto diálogo con obras posteriores, moi particularmente instalacións multimedia.
Especialmente destacable é La campana hermética espacio para una antropología intransferible, unha monumental instalación a modo de gabinete de marabillas, con miles de obxectos de enorme carga simbólica que, testemuñan vivencias persoais, sucesos históricos e recordos da memoria.