Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

A vida artística de Magín Blanco, no libro- CD O camiño da luz , que acaba de publicar Embora edicións. O seu autor é Carlos Rego, músico en proxectos como Burgas Beat.

A Colaboración de Armando Requeixo: A novela Homes de ferro, de Alfredo Conde, e mais a escrita de Juan Carlos Mestre en 200 gramos de patacas tristes son as propostas que nos trae esta semana Armando Requeixo.

Para o peche de hoxe escoitamos Intemperie, composición de Javier Ruibal e interpretada por Silvia Pérez Cruz. Tema principal da película de Benito Zambrano protagonizada por Luis Tosar, e que recibiu Goya á mellor canción na Gala celebrada en Málaga o pasado sábado.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share