Podcast do Diario Cultural das 10:30

Un retorno sempre a medias. Coñecemos ‘A auga do lobo’ o primeiro poemario da promotora musical Cristina V. Preséntase mañá en Compostela a obra editada por Toxosoutos e ilustrada por Camila Vieitez. Unha viaxe Galiza -Madrid – Galicia entre o familiar e o salvaxe.

Libros nos que navegar e ver mundo. Montse Pena fálanos da tradución de `Pippi Mediaslongas nos mares do sur’ que edita Kalanadrala e de ‘A tartaruga Amadovou’ de Paula Carballeira e Ana Seixas publicado en Oqueleo.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share