Podcast do Diario Cultural das 10:30

O regreso da ‘Biblia de Kennicott’. O manuscrito sefardí, obra cumio da ilustración medieval, creouse na Coruña en 1476 e formará parte da exposición ‘Galicia, un relato no mundo’. Comisariada por Manuel Gago, a mostra xuntará 350 pezas na Cidade da Cultura a partir do 14 de novembro.
A antoloxía ‘Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda’ centra o comentario de poesía de Alba Cid. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share