Podcast do Diario Cultural das 10:30

Ataque Escampe publican ‘A alma’. Unha nova procura no musical para cancións con ‘corpos perdidos, vagando ou flotando’ segundo nos conta Miguel Mosqueira. O novo disco presenta a unha formación que se estreará en directo o 28 de decembro.  

Versos no centro do comentario semanal de literatura infanto-xuvenil con Montse Pena que nos achega ás obras ‘Irmá paxaro’ de Tamara Andrés e María Montes publicado por Cuarto de inverno e ‘Ola, son un bicho bóla!’ de Elvira Ribeiro e Noe González que editan Apiario. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share