Mario César Vila
Doutor e licenciado pola USC, desenvolve a súa actividade profesional coma arqueólogo e historiador, sendo ademais coordinador e director de proxectos culturais e de xestión do patrimonio. Entre os seus traballos destacan a dirección de proxectos arqueolóxicos sobre xacementos de diversa tipoloxía e cronoloxía, tales coma as saíñas romanas de Vigo, o enclave romano de Reza Vella en Ourense, a fortaleza medieval de Rianxo (Castelo da Lúa), o castro e mosteiro de Cálago (Vilanova de Arousa), a catalogación dos petróglifos da comarca de Compostela, os contidos da páxina web do Castro de Elviña (A Coruña), ou o xacemento romano de San Esteban (Cacabelos, O Bierzo), entre outros.
Ten sido ademais responsable en materia patrimonial da Asistencia Técnica do Eixo Atlántico de Alta Velocidade e coordinador do Proxecto arqueolóxico para o estudo, recuperación e posta en valor de A Rocha Forte, en Santiago de Compostela.
É especialista en materiais cerámicos e investigador a cargo de numerosos estudos históricos e científicos. Actualmente dirixe e coordina proxectos culturais e arqueolóxicos en diferentes áreas do estado.