Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra

Profesora titular de literatura galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 2019 coordina a área de artes e humanidades da Escola de Doctorado Internacional da USC (EDIUS) e entre 2015 e 2021 foi coordinadora do programa de doutoramento en estudos da literatura e da cultura.

Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos. Foi colaboradora do “Diario cultural” durante máis de dez anos, da edición galega do xornal “El País”, membro do consello de redacción da revista Grial e directora do Anuario de estudos literarios galegos entre 2002 e 2007. Coordinou a elaboración do Diccionario da literatura galega en 4 tomos, e entre as súas publicacións salientan Historia da literatura galega (1999), Sobre narrativa galega contemporánea (2000), A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica (2010) así como a edición de varios epistolarios de escritores e intelectuais galegos (Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero) así coma de obras clásicas (Follas novas, Retrincos, O castelo de Pambre).

Traductora ocasional, versionou ao castelán obras de Manuel Rivas e António Lobo Antunes, e ao galego a Pirandello, Amélie Nothomb ou Roberto Cossa.

Tras coordinar a Sección de lingua, literatura e comunicación do Consello da Cultura Galega, en 2015 foi elexida membro do Plenario da institución; en 2019 e ata 2022 foi Secretaria da Comisión Executiva e responsable da Sección de artes escénicas, musicais e audiovisuais.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share