Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste ‘Diario Cultural’ falamos co actor galego Sergio Pazos sobre a nova serie de ficción da TVG ‘Auga Seca’; un thriller de seis capítulos ambientado entre Vigo e Lisboa, e conta a historia de Teresa, interpretada pola actriz portuguesa Victoria Guerra, unha muller que decide infiltrarse nunha organización criminal para vingar a morte do seu irmán. Unha trama que xirara ao redor da brigada de tráfico de armas e crimen organizado que dirixe o inspector Viñas ao que interpreta Sergio Pazos.

Tamén temos colaboración de artes do movemento con Rut Balbís que nos fala do Galicia Escena Pro.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share