Programa especial sobre música contemporánea co noso colaborador Luis Miguel Crespo.
A palabra contemporánea úsase para designar aquelas composicións ou aqueles movementos artísticos musicais que foron nacendo nos últimos anos, e hoxe coñecemos o proxecto Container, que é unha plataforma internacional que realiza actividades en América e Europa, sempre propoñendo nos seus programas a máis nova creación e experimentación visual e sonora.
Container Galicia nace co propósito de aportar á escena musical galega sistemas de produción e intercambio artísticos que xeren contextos propicios para a creación de novas estéticas musicais. Os seus compoñentes son: Sara Méndez, saxofonista natural de Sober; Pablo Paz, percusionista de Pontevedra; a pianista María Domínguez, de Ourense; e o compositor e artista multimedia vigués Pedro González.