Programa especial dende o Museo do Pobo Galego onde ten lugar esta tarde a entrega de premios do I Certame de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera. Un certame ao que s epresentaron 40 traballos de centros das catro provincias galegas e que teñen como fío conductor a vida de Antonio Fraguas, o homenaxeado das Letras Galegas 2019.
O Certame nace como unha homenaxe a Xosé Mosquera Pérez, máis coñecido como O vello dos contos da emisora santiaguesa Unión Radio Galicia, situada no Museo do Pobo Galego nos anos 30