Hoxe e mañá o CGAC acolle unhas xornadas científicas para a investigación en arte e estética contemporáneas. Nelas presentaranse algunhas das aproximacións máis innovadoras que se están a aplicar ao estudo do fenómeno artístico tanto desde a historia da arte como desde a estética. Para coñecer o obxectivo destas xornadas falamos con Miguel Anxo Rodríguez, profesor da USC e director da xornadas científicas do CGAC.
Tamén hoxe falamos con Juan de la Colina, comisario da exposición sobre a obra de Maruxa Seoane que dende hoxe se pode visitar no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo.