Podcast Diario Cultural 17:30

O documental “Éxodos. De Huellas a Radha y Krishina”, producido por Mondotropo e dirixido polo coruñés Paco Cuesta, estréase hoxe ás 19:00 horas no CGAI da Coruña. O traballo é o resultado de máis dun ano seguindo ao músico de jazz Jorge Pardo.

Ademais, Luis Miguel Crespo, o noso colaborador experto en música clásica, fálanos hoxe sobre José Baldomir, o máis novo dunha serie de compositores relevantes do chamado como rexurdimento musical galego ou nacionalismo musical galego, abandeirado por figuras como Pascual Veiga, Xoán Montes, José Castro “Chané” ou Marcial del Adalid.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share