Podcast Diario Cultural 17:30

A biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compotela acolleu este luns 15 o recital ‘Palabra de muller’ co motivo do Día das escritoras. As palabras de autoras como Rosalía de Castro, Xohana Torres ou Xela Arias foron as protagonistas do acto.

Neste espazo cultural Paula Riveiro tamén falou sobre a nova película galega ‘Sea Beasts’ dirixida por Felipe González. Intriga, angustia e maltrato serán os eixes sobre os que xira esta historia construída ao carón do mar.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share