É a décimo sexta edición do certame anual organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, que reunirá máis de seiscentos músicos no Pazo da Cultura de Narón. Once bandas, dúas delas chegadas desde fóra de Galicia, competirán nas diferentes categorías.
Conversamos con Iván Estévez, trompetista e presidente da Federación, e coa pianista e compositora María Mendoza, que dirixirá a Chikiband da Limia, unha das bandas participantes na sección infantil. A Agrupación Musical da Limia, que competirá na sección segunda, interpretará no seu programa un pasodobre composto por María Mendoza.