Coñecemos a Andrea Vázquez e Rubén Mascato, dous dos artistas participantes na exposición ‘Do final e do comezo’, que recolle pezas de 26
artistas da última promoción graduada na facultade de Belas Artes de Pontevedra. A mostra pode verse no Pazo da Cultura de Pontevedra
ata o 30 de outubro e dispón de visitas guiadas cada venres.