Carmiña Sierra Domínguez foi a primeira muller admitida no Seminario de Estudos Galegos. Nada en Pontecesures en 1906, obtivo unha cátedra de Literatura Española, foi militante comunista e rexentou unha granxa . Durante o franquismo sufriu cárcere e tivo que exiliarse en Venezuela.
Nesta biografía publicada pola editorial Alvarellos Aurora Marco percorre unha vida fascinante, que a relaciona mesmo coa Operación Termópilas, un plan para matar a Franco.