Estamos rodeados de marcas, simbolos, logos… O deseño está en todas partes e estrutura dalgún xeito o mundo que nos entra polos ollos. En Galicia temos moitos e moi bos exemplos de deseños que son xa parte do noso patrimonio cultural. Hoxe imos mirar, nada máis e nada menos, que a 100 deles.
Para iso imos ata o espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, que acolle desde hoxe a exposición ‘A Galicia deseñada’, que nos propón unha viaxe pola historia do deseño galego. Un dos comisarios é o profesor de Belas Artes Marcos Dopico, e os outros dous son Cibrán Rico e Suso Vázquez, fundadores do estudio de deseño desescribir, cos que hoxe falamos no Diario Cultural.