Neste Diario Cultural falamos de poesía e máis en concreto dunha colección de 5 cadernos bilingües que ven de publicar a editorial Tulipa e que se engloban nun mesmo proxecto: a colección ‘10×15’ que coordina o poeta Juan Bello.
Os títulos da colección son ‘Casa’ de Juan Bello e traducido do castelán; ‘Os afluentes’ de Vicente Vázquez e traducido ao francés; ‘En espera’, da chinesa Man Li; ‘Este é o agasallo que lle dou o meu corpo’, da americana Robin Myers; e ‘Alén dos Mapas’, da italiana Paola Sepúlveda. Este último ven de ser presentado na terceira edición da Semana do Libro de Compostela.