Vertixe 11 volve abrir unha fiestra á creación musical contemporánea

A undécima edición do Festival de Creación Musical Contemporánea impulsado polo colectivo Vertixe Sonora desenvólvese ata o 19 de novembro. Concertos, relatorios e charlas en Vigo, Santiago e Pontevedra das que falamos co director artístico de Vertixe 11, Pablo Coello, e cun dos programadores, David Durán. Unha das estreas que ofrece o festival é a ópera ‘Un riso para chorar’, do portugués Miguel Azguime, que chegará á Cidade da Cultura o domingo 29 de outubro. 

No transcurso do festival presentarase o repositorio ‘Vertixe Dixital’, que recollerá os 12 anos de traballo de Vertixe Sonora.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share