A última curtametraxe de Ángel Santos, ‘Alicia fai cousas’, conseguiu catro dos principais premios do Festival de Cans- Mellor curta de ficción, mellor dirección, mellor guión, e mellor interpretación para Alicia Armenteros, que encarna unha actriz nova que se obsesiona co seu propio aburrimento. Conversamos con Ángel Santos sobre o filme e a dificultade de aburrirse na vida e no cine.