Vilachá crea un arquivo para conservar a memoria da parroquia

A parroquia de Vilachá, en Monfero, ten uns 200 habitantes e moitas historias que contar. Memoria dun pobo que, pouco a pouco, vai desaparecendo.

Despois de vivir moitísimos anos entre o ruído dos coches e o ritmo das cidades, Vanesa Castro decidiu volver as súas orixes, a vila onde naceron os seus familiares.

Dende a paixón pola súa aldea, Vanesa puxo en marcha un proxecto cultural para crear un arquivo dixital e un libro nos que aparecen recollidas as historias e tradicións da zona.

Xunto a ela, Iñaki López chegou a Vilachá por amor. Xuntos percorreron todos os lugares da aldea e botaron horas e horas nas cociñas das casas conversando sobre as historias de antes.

As conversas coa veciñanza foron a tinta coa que escribiron este libro, agora gravado eternamente na memoria.

“Cando me levanto pola mañá, hai silencio, vexo néboa polo val…gústame a vida aquí”, conta Vanesa.

Pin It on Pinterest

83 Shares
Share83
Tweet
Share