Descubrimos o mundo en viaxes. O escritor e profesor Moncho Iglesias participa este xoves no ciclo “O mundo desde aquí” do IGADI. Moncho Iglesias é profesor de español en Bangladesh e antes viviu na China, en Palestina ou en México. O seu último libro é o poemario “Tren”, sobre os seus anos na China. Falamos con el neste Diario Cultural.
“Cando chego a un lugar gústame facer a compra, traballar…vivir como a xente de alí”, conta o escritor. “Viaxar é coñecemento, chegar a un lugar e explorar”, engade.
Sabías que os chineses teñen unha forma moi curiosa de colgar a roupa? E se vas ao supermercado, tes que pescar o peixe nun acuario? Feitos que sorprenderon o escritor e que agora poden tamén deixar abraiado o lector do seu libro.