O libro ‘Se isto é un home’, de Primo Levi, chega ás librerías traducido ao galego por Xoán Manuel Garrido Vilariño na Editorial Xerais.
Esta obra é o testemuño dunha persoa supervivente de Auschwitz e intenta afondar na condición humana. Como prende en nós a semente da intolerancia ata chegar a extremos como o exterminio?
Como foi humanamente posible o Holocausto nazi? E, máis concretamente: será posible de novo?
“Cando os discursos deshumanizadores conseguen arrastrar ás persoas comúns, aí esta o problema”, explica o tradutor Xoán Manuel Garrido Vilariño.