No Diario cultural falamos da película ‘A illa das mentiras’, dirixida por Paula Cons, que se estrea na plataforma Filmin o vindeiro 24 de xullo.
Tamén conversamos con Sabela, das Tanxugueiras. O grupo galego abre unha fiestra virtual, chamada ‘Mira unha cousiña’, para descubrir historias persoais sobre a pandemia. Un espazo para falar “de ti a ti” e estar preto da xente.