Os Premios Goya estiveron protagonizados polo talento galego. Neste espazo cultural con Belén Regueira contamos con Ángel Suanzes, enviado especial da CRTVG, e coa nosa experta de Sala 5, Begoña Vázquez. Tamén falamos con Emma Lustres, produtora de Vaca Films.
A película A sombra da lei, dirixida por Dani de la Torre e protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner, conseguiu tres galardóns.
O galego Luís Zahera conseguiu o Goya a mellor actor secundario por El Reino, onde protagonizou a famosa escena do balcón.
Outros dos momentos máis emotivos da noite foi o discurso de Jesús Vidal ou a aplaudida actuación de Rosalía.