O dúo folk Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo, co chelo de Sabela Vázquez e a voz e percusións de man de Carme López. Falamos con elas neste Diario Cultural.
“A formación regrada é esencial para sentar unhas bases, pero despois hai que beber da tradición, aprendendo coa xente, nas improvisacións e foliadas”, di Carme López.
“Despois de tantos anos no conservatorio, moitos músicos acabamos queimados e buscamos algo diferente”, engade.
Entre as partituras e a formalidade da música clásica, Carme comezou a buscar espontaneidade. Atopou a resposta na música tradicional.