Oito grupos galegos actuarán no festival Celtic Connections en Glasgow

A música galega viaxa máis alá das nosas fronteiras con festivais celtas como o Celtic Connections, de Glasgow. A nosa identidade estará representada por Mercedes Peón, o gaiteiro Anxo Lorenzo, Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, o grupo Talabarte, Mónica de Nut con Luís Martíns e a Banda das Crechas.

O festival comezará coa orquestra folk Sondeseu, un grupo cunha gran traxectoria e cinco discos publicados. Neste espazo cultural falamos co seu director e fundador, Rodrigo Romaní; e con Xaquín Xesteira, presidente da Fundación Sondeseu.

“Para nós é unha honra inaugurar un festival coma este”; explica Xaquín Xesteira, ao que engade: “estamos perplexos ante todo isto que está acontecendo”.

Unha orquestra sin director. Así comezarán sorprendendo o público cun equipo de músicos entregados sobre o escenario. Música diferente e estilo anovador para parar o mundo dende Escocia.

Pin It on Pinterest

14 Shares
Share14
Tweet
Share