O cine mudo con música en directo chega a Cineuropa coa proxección de ‘O gabinete do doutor Caligari’. A Real Filharmonía de Galicia é a encargada de poñer a banda sonora a esta interpretación. Este filme de 1920 é un clásico do cine expresionista alemán, considerada tamén como a primeira película de terror da historia.
Neste Diario Cultural falamos co catedrático de Historia do Cine Luís Hueso, quen define esta peza como “unha xoia e un deleite”. A posta en valor do cine mudo e o seu achegamento ás xeracións máis novas é un dos obxectivos desta iniciativa.