Leilía presenta o seu espectáculo ‘CantarElas’ para celebrar o seus 30 anos sobre os escenarios. A música das pandeiretas e as voces das mulleres serán as protagonistas deste novo proxecto.
Nunha época na que parte da cultura galega estaba esquecida apareceron seis rapazas co traxe traidicional e unhas pandeiretas. Ata entón, a gaita era o único instrumento asociado á nosa cultura, pero cunha mirada ao pasado descubrimos que a música tradicional do país chega moito máis alá.
“Ser pandeireteira é ser muller galega”, contan as integrantes de Leilía, que sempre loitaron por visibilizar o papel das mulleres na música de raíz e na vida en xeral.