Jonás Trueba presenta en Compostela ‘La virgen de Agosto’ xunto á actriz e coguionista Itsaso Arana que interpreta a Eva, “unha rapaza que na trintena non quere dar a súa vida por feita, quere cambiar, quere ser mellor… é unha mestura de fondura e lixeireza”. Rodada coma un diario do 1 ao 15 de agosto mestura a ficción co documento das festas populares do centro de Madrid.