Neste espazo cultural imos ata Mondoñedo, onde hoxe é a inauguración da Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro. O lugar onde o escritor viviu máis de tres décadas, onde xurdiron as súas letras e onde os visitantes poden achegarse ao mundo fascinante dun escritor galego, pero tamén universal.
Unha casa onde Álvaro Cunqueiro escribiu obras como Merlín e familia, As crónicas de Sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas. Dende o seu cuarto, o escritor tiña vistas ao gran rosetón da catedral de Mondoñedo, que hoxe é Patrimonio da Humanidade.
Xosé Manuel Salgado foi responsable de representar toda a esencia do escritor na casa e trasladar os visitantes a un pequeno anaco do mundo cunqueiriano.
“Falei con moita xente e tratei de entender en profundidade a vida e obra do escritor”, asegura.
Voces como a de Armando Requeixo, Darío Villanueva, Víctor Freixanes e Marina Mayoral compoñen un retrato do escritor na casa.