Falamos de Imaxinando Compostela, un proxecto expositivo que inclúe catro mostras entre 2019 e 2021. Neste Diario Cultural temos connosco a súa comisaria, Mercedes Rozas.
“Intentamos dar unha imaxe da arte en Galicia dende diferentes perspectivas”, explica Mercedes.
O exilio e a emigración son os protagonistas de Figurando Lembranzas con obras de Isaac Díaz Pardo, Castelao ou Maruja Mallo.
Nos próximos anos serán moitos os visitantes que chegarán a Compostela buscando a súa oferta cultural. Así nace esta exposición, un percorrido pola arte en Galicia.