Descubrimos o proxecto Viaxeiras por Galicia. O Consello da Cultura Galega reúne na súa web imaxes, textos e ligazóns sobre as mulleres estranxeiras que escribiron sobre as súas viaxes a Galicia entre o século XIV e os anos 60 do século XX. Neste Diario cultural falamos coa coordinadora Mariam Mariño Costales.
As protagonistas son mulleres como a lingüista alemá Margot Sponer, que realizou a primeira tese de doutoramento sobre o galego; a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson, ou a novelista Edith Wharton, a primeira muller en gañar un premio Pulitzer. A través da súa mirada descubrimos Galicia dende unha perspectiva diferente.