Entrevista á escritora Malores Villanueva

No marco da programación especial das #LetrasGalegas2019, María Solar entrevista a Malores Villanueva, autora da biografía de Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas naceu nunha casa labrega en Cotobade no ano 1905. O seu papel foi fundamental para poñer en valor a cultura galega, recuperar tradicións e crear pontes co noso pasado e raíces.

Cando chegou o instituto, Fraguas non dominaba o castelán que falaban os seus profesores e compañeiros. Iso espertou nel un orgullo polas súas raíces, lingua e cultura.

En Compostela comeza a frecuentar o Seminario de Estudos Galegos, entra nas Irmandades da Fala e rodéase de xente moi preocupada por Galicia e polo galego.

Coa sublevación fascista de 1936 comeza unha etapa moi escura da que Fraguas nunca lle gustou falar. Nese silencio dedicouse a investigar e escribir, mais nunca deixou de loitar por recuperar a historia e etnografía do pobo galego.

Fraguas nunca deixou de ser mestre, tanto dentro como fóra das aulas, para transmitir as tradicións, os xogos populares e os oficios propios da Galicia rural de comezos de século. Coñecemento do noso pasado que quedou plasmado para sempre na súa obra.

Pin It on Pinterest

17 Shares
Share17
Tweet
Share