Falamos de literatura negra co escritor, tradutor, guionista e divulgador, Diego Ameixeiras. Neste mes comeza na libraría Cronopios de Santiago de Compostela un taller de novela negra dirixido aos lectores: ‘Historia da literatura negra. Un paseo polo xénero noir a través de cinco obras’.
Este obradoiro comeza co Edgar Allan Poe.
“Foi realmente o fundador deste xénero, o primeiro ao que se lle ocorreu a idea de crear un detective e todos os escritores fomos detrás”, explica Diego Ameixeiras.
“A novela negra é unha forma de contar, de mirar…”, engade o escritor, quen recorda que a paixón por este xénero naceu cos seus primeiros pasos como lector.
A súa mirada de xornalista permítelle levar ao papel os feitos da actualidade informativa. Unha realidade diaria que sempre precisará atopar un refuxio na literatura.