Diana López consegue o Premio do Público do OUFF coa curta ‘Feminazi’

As artes son fundamentais para reflexionar sobre os dereitos humanos. Son moitas as películas que reclaman á igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres.

A curtametraxe ‘Feminazi’, de Diana López Varela, vén de recibir o Premio do Público no Festival de Cine de Ourense. A directora reflicte unha realidade que ela mesmo viviu en primeira persoa e que representa a vida cotiá das mulleres.

Neste Diario Cultural falamos con Diana López sobre o termo ‘feminazi’. “O feminismo defende os dereitos das persoas, e o nazismo é todo o contrario”, explica.

Outro exemplo é ‘Tódalas mulleres que coñezo’, de Xiana do Teixeiro. “Camiñar de noite co número da policía marcado no móbil”, “poñer a capucha para parecer un home”ou “simular que falamos con alguén por teléfono” é a realidade á que nos afrontamos todas as mulleres, contan as protagonistas desta peza cinematográfica.

Pin It on Pinterest

2 Shares
Share2
Tweet
Share