Na Cova Eirós podemos facer unha viaxe ao pasado para descubrir como vivían os nosos devanceiros. Neste Diario Cultural falamos con Ramón Fábregas Valcárcel, director científico do proxecto; e Arturo de Lombera Hermida, co-director da excavación Cova Eirós de Triacastela.
Durante os últimos once anos foron aparecendo achados que nos revelan un pouco máis da nosa historia. A Cova Eirós é unha porta ao pasado, a través da que vemos unha zona chea de piñeiros, un clima moi frío e neves permetuas e glaciares en Triacastela.
“Impresionaría mirar fronte a fronte a unha persoa das que vivían en Cova Eirós”, din os investigadores.