Compostela, a cidade onde descubrimos as orixes da fotografía

Se paseamos pola zona vella de Compostela no ano 1856 descubrimos o primeiro estudio fotográfico permanente de Galicia, aberto polo fotógrafo Andrés Cisneros.

O Consorcio de Santiago e a Editorial Alvarellos publican o libro As orixes da fotografía en Galicia, unha investigación do fotohistoriador Carlos Castelao.

Os pintores da época viron a chegada da fotografía como unha ameaza para o seu oficio, así que a maioría deles convertéronse en fotógrafos por necesidade.

“Co ascenso da burguesía de finais do século XVIII e principios do século XIX, todos querían obter unha imaxe de si mesmos”, explica o investigador.

Aínda que Andrés Cisneros foi o primeiro, houbo outro fotógrafo que acadou gran éxito entre a sociedade picheleira da época. El foi Juan Palmeiro.

Nun oficio en que as mulleres tamén eran silenciadas, dúas delas loitaron contra o establecido e puxeron en marcha os seus propios estudos na cidade compostelá. María Cardarelly aprendeu no estudio de Juan Palmeiro e foi a autora das dúas primeiras fotografías coñecidas de Rosalía de Castro. Outra das fotógrafas pioneiras foi Juana Cabello.

Pin It on Pinterest

80 Shares
Share80
Tweet
Share